Comarcas Galicia

Caldas trae auga en camións tras o baixo nivel do seu encoro

Xa tiveron que facer cortes periódicos no subministro polo baixo nivel do encoro, apenas a un 27 por cento, pero é que a turbidez da auga está atascando os filtros e non permite abastecer de auga potable Caldas de Reis. Así que esta mañá Augas de Galicia comezou a abastecer ao municipio con camións cisterna para manter a normalidade durante esta situación de emerxencia.

A Xunta asegura que se trata dun problema de cantidade, non de calidade, xa que só se ten declarado a alerta 1 na captación de Segade pola presenza de cianobacterias.

También te puede interesar