Curiosidades Galicia

Augas de Mondariz ‘móllase’ pola súa terra

A nova campaña de Augas de Mondariz.
A nova campaña de Augas de Mondariz.

Galego: natural de Galicia. Así de sinxelo. Habería que achegarse ata a acepción empregada en Costa Rica para que sexa sinónimo de tonto. Iso a pesares da insistencia que teñen ultimamente algúns políticos para utilizalo como descalificativo nas súas intervencións públicas. O último, Montilla, que tildaba de ‘galegos’ a CiU por adoptar unha posición ambivalente sobre a reforma laboral, sen entender que estaba ofendendo á comunidade galega.

E as empresas galegas comezan a reaccionar: como xa fixera co infortunio lingüístico de Rosa Díez, Augas de Mondariz quere ‘mollarse’ e mostrar a súa indignación fronte ao empeño de atribuír acepcións negativas ao que consideran un motivo de orgullo cunha campaña na que demostran que ‘subimos, baixamos e nos mollamos’. «E seguiremos a facelo sempre que sintamos a necesidade de manifestarnos en contra destes ataques gratuítos procedan do colectivo que procedan», aseguran.

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.