Vigo al minuto

A feira de Bouzas non volverá á Alameda de Suárez Llanos

Alameda Bouzas/Tresyuno ComunicaciónEso asegurou hoxe o alcalde que ofreceu hoxe xoves a «toda a cooperación» municipal para reformar a explanada de Bouzas, proxecto presentado onte pola Autoridade Portuaria e que o Concello defende ampliar coa construcción do túnel que posibilite a peonalización da superficie.

«O Porto ten que acometer o túnel de Bouzas«, apostillou Caballero, como está previsto no Plan Especial do organismo, e este ten que «coordinarse» co aparcadoiro soterrado que o Concello proxecta á altura da pérgola de Jenaro de la Fuente. O alcalde non se opuxo ao acondicionamento dos xardíns pero avoga pola «gran acción que Bouzas merece».

«Creo que é o momento de abordar con ambición o túnel de Bouzas e a humanización de toda a superficie» do barrio vigués, apostillou Caballero, para o que o Concello ofreceu colaboración á entidade portuaria.

Mercadillo
Abel Caballero informou que hoxe xoves recibiu un escrito da Autoridade Portuaria plantexando o traslado do mercado dominical de Bouzas por mor das obras que prevé acometer. A este respecto, o alcalde ofreceu a «cooperación» do Concello na procura dun novo emplazamento -que «non vai ser fácil«- e asegurou que a feira non voltará en ningún caso á Alameda Suárez Llanos.

O alcalde afirmou que o mercado dominical está actualmente nunha «moi boa ubicación«, acordada co Porto de Vigo e cos veciños e comerciantes, e é «moi importante» para a antiga vila mariñeira polo seu efecto no comercio da zona.

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.