Deportes Vigo al minuto

La Fisu llegó con un premio debajo del brazo

O I Premios Galicia á Xestión Deportiva á mellor actividade ou programa deportivo non podía ir parar a mellor lado: a Vigo, cuna de deportistas en case todas as disciplinas. O Concello de Vigo recibirá este galardón pola organización do Foro Mundial FISU o pasado mes de xuño.

Con este premio, a asociación pretende distinguir ás persoas ou entidades que teñen un papel destacado no desenvolvemento e excelencia da xestión deportiva en Galicia. Nesta categoría, o que valorou o xurado foi a organización, calidade e proxección que tivo a celebración.

Máis premiados

Non serán os únicos en estrear galardóns. Xunto ao Concello de Vigo, nesta primeira edición tamén resultaron premiados a presidenta da Federación Galega de Taekwondo, Merce Barrientos, como mellor xestor deportivo; Begano como mellor patrocinador; a Deputación de Ourense como mellor entidade pública; o Club Fluvial de Lugo e a Fundación Rías do Sor como mellor entidade privada; e o Concello de Abegondo como mellor municipio de menos de 15.000 habitantes.

También te puede interesar