Comarcas

Sete de cada 8 nenos sen gardería en Ponteareas

As contas non saen: se tes un neno de entre cero e tres anos, escolarizalo en Ponteareas e case misión imposible, xa que hai 140 prazas para 1.050 nenos. Por iso, o BNG reclamará no Parlamento galego a construcción dunha nova escola infantil en Ponteareas, xa que nestes intres polo menos un centenar de familias atópanse con problemas para poder deixar aos seus fillos no que eran as garderías.

Os nacionalistas aseguran que as prazas que faltan tampouco poden ser asumidas polos concellos limítrofes dada a saturación nas súas dotacións, por iso piden equipamentos, ademais de preguntar á Xunta se nalgún momento o Goberno local de Ponteareas ofertou terreos ou algunha localización concreta.

También te puede interesar