Comarcas

Máis de 1,5 millóns de euros para facer obras en As Neves e Sabarís

Novas obras e novas inversións nas estradas pontevedresas. A Xunta acaba de adxudicar por máis dun millón de euros as obras de mellora de seguridade vial na PO- 415, no termo municipal das Neves, coa que se urbanizará e acondicionar a estrada para reforzar e mellorar a súa seguridade coa construcción de beirarrúas e aparcadoiros en determinados puntos cos que resolver as carencias deste tramo. Ademais, é unha zona na que cruzar para os peatóns convírtese nun deporte de risco, sobre todo en zonas coma o colexio ou a praza de abastos.

A obra, cofinanciada polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional, levarase a cabo en dúas fases: na primeira, no treito interurbano realizarase unha renovación integral do firme e no urbano realizaranse beirarrúas dun metro oitenta a ambos lados da calzada e unha zona de aparcamento. Tamén haberá unha glorieta de dous carrís, de catro metros cada un e dúas beiravías dun metro cada unha. O prazo de execución das obras será de 12 meses.

Tamén en Sabarís

Por outra banda, tamén xe adxudicou a obra de reordenación do tráfico dende a AG-57 e de mellora da intersección en Sabarís, na localidade pontevedresa de Baiona, coa que tamén se pavimentarán as vías de servizo do vial. A cargo de Construcciones Rafer por 550.000 euros, terá que estar lista en 6 meses e beneficiará aos máis de 12.100 habitantes da localidade pontevedresa de Baiona e a súa área de influenza.

También te puede interesar