Vigo al minuto

Cae a primeira rotonda de Gran Vía

rotondaNon funciona. Creaba atascos que antes non había, desesperaba aos conductores e empeo´rou o tráfico nunha das zonas máis ateigadas de coches da cidade. Por iso o Concello decidiu retirar a rotonda provisional establecida na Gran Vía con Tarragona, aberta o pasado día 9 de agosto, e que tamén daba servizo ao centro comercial. Segundo asegurou o alcalde, “non estaba a dar o resultado agardado“, e será sustituida por outro sistema “experimental” que dará prioridade aos vehículos que circulan pola Gran Vía.

Abel Caballero e os técnicos de Mobilidade constataron hoxe que esta medida experimental non mellora o tráfico rodado do entorno, polo que estúdase a incorporación dun novo sistema regulado por semáforos.

O alcalde indicou que o novo modelo mellorará a fluidez da circulación por Gran Vía, tanto en sentido descendente como ascendente e permitirá facer o cambio de sentido e acceder á superficie comercial de Finca do Conde.

Sí mantense a decisión de cambiar o sentido de circulación á rúa Tarragona, ate o de agora ascendente, pois está a funcionar segundo o previso e axiliza os accesos ao centro sanitario e ao entorno de Povisa.

También te puede interesar