_agenda Agenda

Landriña fai un retrato de Castrelos

Os domingos son para pasalos no museo. Así que o Museo da Cidade ‘Quiñones de León’ abrirá de novo as súas portas para propornos unha divertida ruta polas instalacións do pazo na que, a través dos cadros da colección de pintura galega, os visitantes descubrirán oficios e labores representados nas obras do museo.

Landriña, a mascota do museo, explicará como durante moito tempo ademais de retratos e paisaxes os pintores galegos querían contar como e de que vivían as xentes da nosa terra, polo que nos seus cadros se atopan traballadores dos que se aprenden moitas cousas. Para guiar aos visitantes, no percorrido haberá un xogo de pistas, con imaxes e xogos de palabras, a través dos que descubrir os cados cos que despois se xogarán ao xogo dos oficios, no que os participantes terán que representar algún dos que aparece na colección mediante a mímica.

O percorrido, de balde, comezará ás 11:30 horas.

También te puede interesar