Galicia

Case 3.000 funcionarios xa pediron o seu traslado

Había tres anos que non se convocaba ningún concurso de traslados, así que a lista de apuntado nesta quenda é importante. A Dirección Xeral da Función Pública recibiu 2.866 solicitudes para optar a un novo posto dentro da Administración Xeral da Xunta. Convocado o pasado 6 de maio, este mes salíu publicada a listaxe provisional de admitidos, aínda que non se resolverá de xeito definitivo ata finais de ano.

Nesta convocatoria ofértanse un total de 1.598 prazas, das que 48 están abertas a outras administracións. Ademais, nos vindeiros meses convocarase tamén o concurso de traslados da Administración Especial da Xunta, seis anos despois do último, no que se ofertaran 672 postos.

También te puede interesar