Destacados Vigo al minuto

A visita a Cíes mañá faise a nado

Dez quilómetros de travesía para os máis valentes. Preto de trinta nadadores partirán mañá da praia de Rodas, nas Illas Cíes, para participar no ‘I Desafío Illas Cíes: Travesía a nado’ que rematará na praia do Bao e na que colaboran tanto o Parque Nacional Illas Atlánticas como o Real Club Náutico de Vigo.

Esta proba participativa, non competitiva, está organizada pola Asociación Augas Abertas de Galicia co obxectivo de gozar dunha das travesías a nado máis interesantes da costa galega. A carreira estará dividida en tres grupos en función dos tempos: un rápido, intermedio e lento. Ao longo da travesía, ningún nadador poderá abandonar o seu grupo salvo que se lle comunique o contrario.

Ademáis, para ir quentando motors, catro nadadores da Asociación Augas Abertas recorreron hoxe os 13 quilómetros que separan as Illas Estelas e Monteferro, atravesando a bocana sur da Ría de Vigo.

También te puede interesar