Comarcas Galicia

Tres días de folga en Industrias Ferri sen resultados á vista

As tres xornadas de folga en Industrias Ferri, en Gondomar, non teñen servido para nada. Esta medida levada a cabo polos traballadores para protestar polo desmantelamento da empresa finalizaron hoxe sen achegar posicións a pesares dos contactos mantidos co propietario, por iso convocarán novos paros para os días 22 e 24 de setembro e manterán as concentracións ás portas da fábrica situada no polígono da Pasaxe.

Varios traballadores foron trasladados xunto con parte da maquinaria e material a Diamantek System, outra compañía na que o director, Patricio Fernández, é máximo accionista. Un traspaso que implica desenvolver a súa labor como autónomos encubertos ou ir a rúa e que aumentou a plantilla ata as 12 persoas sen que houbera maior carga de traballo, polo que se está investigando se se trata dun caso de desvío de capitais.

Inspección de Traballo xa paralizou a venta da sección de mecanizados e o traslado de 4 traballadores á empresa Broymant por non estar “suficientemente clarificados”. Dende a CIG alertan de que se trata dun intento de descapitalización dunha firma creada en 2007 con 8 traballadores e na que só quedan 2, socios, sen que a facturación se teña incrementadode xeito sustancial.

También te puede interesar