Galicia

Un morto e un cento de feridos nas estradas galegas

Algo máis dun accidente por hora. Esta fin de semana, Urxencias Sanitarias de Galicia-061 tivo que asistir a 101 persoas implicadas en 72 sinistros de tráfico ocorridos nas estradas galegas, onde morreu unha persoa. O domingo voltou ser o día máis crítico, con 26 accidentes.

Por provincias, esta fin de semana Pontevedra foi a que máis incidentes rexistrou, con 36, a metade de todos os atendidos. Síguenlle A Coruña, co 20 accidentes, e Lugo e Ourense, con oito cada unha. De novo, a proporción de homes atendida foi maior (67%) e o 43 por cento tiña entre 20 e 34 anos.

O helicóptero medicalizado tivo que facer un servicio esta fin de semana. En total, 88 dos feridos tiveron que ser trasladados a centros hospitalarios, mentres que 6 foron levados a un centro de saúde, outras 6 foron atendidas no mesmo lugar do sinistro e unha faleceu no mesmo lugar do sinistro.

También te puede interesar