Cultura Vigo al minuto

O Paseo de Alfonso recupera a feira

Feira/Tresyuno ComunicaciónHai “Feira” no Paseo de Alfonso. Trátase dun mercado de produtos tradicionais que se abrirá ao público entre as 10.30 e as 13.30 horas. A inauguración, que foi hoxe, fixouse excepcionalmente, en sábado, xa que dende Outono a feira celebrarase os primeiros domingos do mes.

Apostar pola nosa artesanía e recuperar a vella tradición dos mercados do Casco Vello é a finalidade desta feira na que haberá postos de cesteiros, tecedores de lá e liño, torneiros e xoieiros, e haberá tamén produtos de horta e pan ecolóxicos, tamén de comercio xusto, mel ou conservas ecolóxicas. Paralelamente, realizarase un obradoiro infantil no que o ilustrador Iván R e a deseñadora téxtil Belén Alonso comezarán un traballo comunitario para dar forma á futura mascota da FEIRA, que será confeccionada entre os participantes ao longo dos domingos nos que teña lugar este mercado tradicional.

También te puede interesar