Vigo al minuto

Empezan as obras do reforma do Mercado do Progreso que non rematarán ate abril de 2012

Aspecto que terá o mercado logo da reforma
Aspecto que terá o mercado logo da reforma

Esta mañán iniciáronse as obras de reforma do mercado do Progreso que contan cun investimento de 4,5 millóns de euros. A edificación arrancou cos traballos previos de impermeabilización e picado da praza para a instalación do mercado provisional ao que se van trasladar os postos durante o prazo de execución das obras de reforma no interior. Estes traballos previos prolongaranse en diferentes fases ata o mes de decembro, cando empezará a construción do mercado provisional.

Está previsto que en xaneiro, para non interferir nunha época forte de venda como é o Nadal, se poidan xa trasladar os postos ao mercado provisional para iniciar o proxecto de execución de reforma interior do mercado no mes de febreio. A partir desa data o mercado estará acabado en 14 meses. Unha vez finalizadas as obras, cando se trasladen xa ao interior os postos, quedará unha última fase de obras que consistirá na reforma da praza.

También te puede interesar