Vigo al minuto

Nin un euro para tirar o Concello

Concello de Vigo/Tresyuno ComunicaciónOs tres partidos políticos con representación no Concello, PSOE, BNG e PP, votaron hoxe a prol de non incluir partidas económicas no orzamento municipal de 2011 para financiar o chamado «plan Moneo» para a Praza do Rei.

Tras unha moción presentada polo PP, o goberno municipal reiterou que «o proxecto Moneo» -explicou o socialista Carlos López Font- «non vaille custar un euro aos vigueses«, e defendeu a planificación do prestixioso arquitecto para a reordenación da Praza do Rei e do Castelo de San Sebastián, que contempla o derrubo do actual edificio do Concello e a construcción dun novo.

A este respecto, o popular López-Chavez defendeu que «o PP teno claro: nestes momentos non» ao gasto público para este proxecto, debido á crise económica que atravesa o país. Denunciou que este é un «proxecto poco serio, opaco e pouco transparente» no que o goberno local xa gastou 120.000 euros no estudo arquitectónico e en maquetas.
Tanto os socialistas como os nacionalistas, integrantes do goberno municipal, rexeitaron reiteradamente a opción de incluir partidas orzamentarias para este proxecto, que «tamén xerará emprego» e significa «riqueza e promoción da cidade».

 

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.