_agenda Agenda

O barroco galego, a través de seis obxectivos

Imaxe de Tino Martínez en 'Cámara Barroca'.
Imaxe de Tino Martínez en 'Cámara Barroca'.

Seis autores, o patrimonio histórico cultural e histórico de Galicia e unha recompilación fotográfica do barroco galego a través dunha visión contemporánea. A exposición ‘Cámara Barroca’ recolle 60 imaxes dun grupo de artistas fotógrafos cun reto: facer unha interpretación global do barroco galego sen outra limitación que a da natureza do soporte e da ferramenta de comunicación.

Inaugurada o vindeiro 9 de setembro, a mostra promove o coñecemento e a difusión do barroco como un dos sinais identitarios máis relevantes da cultura galega a través dunha proposta artística actual na que participan os fotógrafos Vari Caramés, José Caruncho, Xurxo Lobato, Tino Martínez, Eduardo Ochoa e Xoán Piñón. As condicións: manter o protagonismo das obras, achegar elementos de interesa e subliñar a reflexión creativa.

Este seis artistas utilizan o reflexo como motivo central do deseño, onde as visións devoltas polas superficies pulidas e brillantes trazan unha complexa liña de conexión dende o barroco ata a modernidade: do rostro da Venus velazqueña, pasando pola Rúa do Gato valleinclanesca, ata o vidro e o aceiro cromado das obras de Mies van der Rohe.

Esta exhibición poderase visitar ata o 15 de outubro no claustro Alto do Mosteiro de San Martiño Pinario de Santiago de Compostela. Asemade, tamén se editou un catálogo editado coas 120 fotos realizadas polos artistas. O catálogo continúa coa idea dos recursos gráficos sobrios, tinta prateada, e unha portada de material reflector sen imaxes.

También te puede interesar