Destacados Vigo al minuto

Se queres levar ao rapaz á Galiña Azul de Valadares, apura!

A Galiña Azul de Valadares espérate. Se queres inscribir ao teu fill@ na antiga rede de galescolas, o vindeiro 10 de setembro remata o prazo de preinscripción para a nova escola infantil de Valadares. Poderás facelo na Xunta (de 08:30 a 14:30 horas) e terás toda a información chamando ao 671 704 130.

As listas provisionais de admitidos e de agarda publicaranse o vindeiro 17 de setembro e poderanse presentar reclamacións ás mesmas durante 10 días hábiles contados desde o día seguinte á publicación. As listas definitivas de admitidos e de agarda, o 4 de outubro.

Tanto as listaxes provisionais como as definitivas publicaranse no taboleiro de anuncios dos concellos, no do Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar e na páxina web de Benestar. Ademais, nesta mesma páxina web atópase tamén publicada a información relativa á documentación que é necesario presentar e pódese descargar a instancia de solicitude.

Finalmente, o prazo para formalizar a matrícula nesta escola infantil será do 5 ao 15 de outubro. A entrada en funcionamento será no último trimestre deste ano.

También te puede interesar