Galicia

Máis de 27.000 persoas están fichadas por sufrir un infarto

O programa ‘Alerta Corazón’, pensado para reducir a mortalidade en pacientes que sufriron un infarto de miocardio ou unha anxina inestable, xa conta con 27.491 inscritos. O programa da Fundación Pública Urxencias Sanitarias de Galicia-061 recibiu só no primeiro semestre do ano 3.175 historiais de pacientes, o 70% deles homes e o 54 por cento por de entre 60 e 79 anos. E o 65 por cento estaban no rural.

O 061 asistiu nestes primeiros seis meses a 3.652 pacientes, dos que o 76% foi necesario mobilizar algún recurso: en 1.679 casos tratouse de emerxencias, 737 transportes urxentes, 336 visitas domiciliarias e 32 transportes secundarios. Nestes casos, utilizáronse 2.261 ambulancias asistenciais, 433 medicalizadas, 10 helicópteros medicalizados, 272 ambulancias convencionais e 519 médicos.

A través dun no vo software de xestión e seguimento de incidente da central do 061 pódese detectar de xeito automático se o enfermo está inscrito no programa, o que avisa ao médico de que se trata dun paciente con antecedentes de patoloxía grave o con risco de morte súbita.

También te puede interesar