Galicia

Un novo detido como autor dun incendio, nesta ocasión en Mondariz

A Policía Autonómica detivo onte a un novo suposto autor dun dos incendios forestais que estes días están a arrasar distintos puntos de Galicia. Nesta ocasión trátase de J.S.R., veciño de Mondariz, acusado de comezar un incendio forestal nesta localidade o pasado 21 de agosto en Camba.

O incendio arrasou 0,3 hectáreas de monte arborado e puxo en perigo bens e vivendas. O detido, tras prestar declaración e recoñecer os feitos, foi posto a disposición xudicial, instruíndose dilixencias que foron remitidas ao Xulgado de Instrución en funcións de garda de Ponteareas.

Con esta xa son 27 as persoas detidas no que vai de ano por delitos relacionados cos incendios forestais.

Outros lumes

Mentres, un incendio quedou apagado en Sober e outro controlado en Laza. O primeiro deuse por extinguido ás 23:40 horas de onte despois de máis de 24 horas de traballo. Nas labores de extinción do lume, que arrasaron 30 hectáreas de monte, traballaron 2 técnicos, 4 axentes forestais, 18 brigadas cunhas 120 persoas, 8 motobombas, unha pala, 2 helicópteros e 4 avións.

Ademáis, quedou controlado o lume rexistrado dende as 14 horas do pasado domingo na parroquia de Santa María de Matamá, en Laza, que xa leva quemadas 198 hectáreas. Nas labores de extinción traballan 2 técnicos, 13 axentes forestais, 44 brigadas cunhas 260 persoas, 20 motobombas, 7 palas, 32 helicópteros e 19 avións.

También te puede interesar