Destacados Vigo al minuto

Os bombeiros de Teis terán nova casa

A reunión do alcalde cos dirixentes da Favec.
A reunión do alcalde cos dirixentes da Favec.

O alcalde de Vigo ten un novo tema en mente: os bombeiros da cidade. Quizais polos últimos incendios que está a sufrir Galicia ou porque xa era hora, o Goberno local aprobou hoxe un presuposto de 150.000 euros para realizar melloras no parque de bombeiros de Balaídos e encargar un proxecto de nave alternativa para modernizar o Parque Central de Teis.

Nunhas “condicións lamentables”, no parque de Balaídos separarase os espazos dos vehículos das zonas comúns de uso do persoal. E volveu reclamar unha terceira dotación no Porto de Vigo, unha zona de “risco” de competencia portuaria e co que xa pactara en mandatos anteriores a ubicación dun parque na zona dos asteleiros.

Reunión coa Favec

Non foron as únicas infraestructuras a tratar no día: durante a súa reunión coa nova directiva da Federación de Veciños, Caballero notificou que o concello vai paralizar o derribo da antigua estación do tranvía por ser un elemento de valor histórico que debe ser conservado. O Goberno municipal negociará coa empresa o mantemento do inmoble e buscaráselle unha adicación. O que aínda non parece estar en condicións de abrirse ao público é o local da rúa Ecuador que viñan usando os veciños.

También te puede interesar