RGPD - Cookies
Galicia

Liberdade con cargos para o acusado de homicidio imprudente polo incendio de Fornelos

Incendio e homicidio imprudente. Son os dous cargos aos que se enfronta o home de 62 anos detenido como presunto autor do incendio forestal de Fornelos no que morreron dous brigadistas e que quedou en liberdade tras pasar a disposición xudicial a primeira hora desta mañá en Redondela. Tras prestar declaración, o home, considerado únido autor do lume, quedou suxeito a comparecer no xuzgado os días 1 e 15 de cada mes.

Outro detido en Ourense

Mentras, a Policía Autonómica detivo aun home en San Cristovo de Cea, en Ourense, como presunto autor dun incendio forestal acontecido nunha leira da súa propiedade o pasado 18 de agosto e que quemou 0,01 hectáreas de monte raso. O imputado, unha vez prestada declaración, foi posto en liberdade coa obriga a comparecer nos xuzgados cando fora requerido.

No que vai de ano os axentes xa levaron a disposición xudicial a 26 persoas por delitos relacionados cos incendios forestais.

También te puede interesar