Galicia Vigo al minuto

Este verán 1.200 persoas mergulláronse na normalización lingüística

A concelleira de Normalización Lingüística, Iolanda Veloso.
A concelleira de Normalización Lingüística, Iolanda Veloso.

Praias, parques e prazas convertíronse este verán no mellor esceario para que os nenos vigueses e os seus pais achegáranse ao galego. A través de 54 actividades e xogos en Samil, O Vao, Bouzas, Castrelos, A Riouxa, Navia, Independencia, Constitución e O Calvario, preto de 800 nenos e 400 adultos de dentro e fóra de Galicia divertíronse aprendendo palabras, frases e xogos en galego.

As actividades realizadas na praia e na praza da Independencia foron as que máis éxito tiveron, cunha media de 20 nenos por actividade acompañados xeralmente por familiares. E os participantes foron con agasallo para casa: neveiras de praia para a merenda, gorros de palla, gorras, libros dos Bolechas…

También te puede interesar