RGPD - Cookies
Galicia

O Plan Renove ponnos diante do ordenador

A Xunta gaña cada días más seguidores a través das súas webs. O Instituto Enerxético de Galicia recibiu na primeira metade do ano máis de 141.000 entradas na súa páxina, preto dun 45 por cento máis que o ano anterior. Cunha media de 781 consultas diarias, a época na que estaba activo o Plan Renove para sustituir electrodomésticos e ventanas foi a que máis visitas acadou, con máis de 31.000.

O maior pico de consultas coincidiu coa apertura do último Plan Renove para rehabilitar a envolvente térmica das edificacións, con 2.771 e unha media de máis dun millar de visitas diarias nese mes. E o mesmo sucedeu coa apertura do Plan Renove para Equipos de Climatización en marzo, con máis de 27.000 consultas e 1.892 entradas o primeiro día.

También te puede interesar