Cultura Galicia

Imos máis ás verbenas que ao cine

Pode ser porque é de balde, pero as orquestras en verbenas son os espectáculos no que participa unha maior porcentaxe de galegos a lo menos unha vez ao ano: un 65 por cento acode a este evento cultural fronte ao 47,7 por cento que vai ao cine e o 39,1 por cento que visita un museo a lo menos unha vez cada ano, segundo o Observatorio da Cultura Galega.

Un fenómeno único e sen parangón en España e Europa do que só se poden recoller algunha tradición en Canarias, aínda que non comparable co preto de medio milleiro de orquestras que se poden atopar en Galicia e que moven varios millóns de euros cada ano. Un sector moi activo a través das comisións de festas, legado musical popular galego, no que se mestura o folclore co repertorio latino como pegada da emigración galega que vive un momento de gran vitalidade.

E conta con moitos seguidores entre a xente nova: o 78,6 por cento dos galegos de entre 5 e 29 anos asisten polo menos unha vez ao ano ás verbenas; no rango de entre 30 e 49 anos a porcentaxe baixa ata o 74,2 por cento e a partir dos 50 ata o 49,1 por cento.

E aproveitando este tirón nace o Festival Internacional de Orquestras de Galicia (FIOU), que se celebrará por primeira vez na localidade ourensá de Cea entre o 3 e 5 de setembro para reivindicar este rasgo da cultura galega. Un festival pioneiro en Europa co que ofrecer unha visión libre de estereotipos deste fenómeno cultural e no que se mesturará o formato tradicional das festas populares galegas co dos grandes eventos musicais, con servizos como zona de acampada. “Queremos ser o Ortigueira das orquestras de baile”, aseguran os organizadores. Para logralo, 11 conxuntos en tres días, desde orquestras consolidadas ata os sons máis inovadores chegados dende  Estados Unidos, Sicilia ou Francia.

También te puede interesar