Deportes Vigo al minuto

Pilotes e Barça enfróntanse no Cidade de Vigo de balonmán

O mellor equipo do mundo do balonmán por historia achegarase o vindeiro venres ao pavillón das Travesas para disputar contra o Pilotes Posada vigués o Trofeo Cidade de Vigo, que chega a súa décimo oitava edición (20:15 horas). O Barça, campión da Copa Asobal e da Copa do Rei, traerá o espectáculo a un torneo que se disputará a partido único.

Un partido no que se presentarán as novas fichaxes do Pilotes Posada e que intentará paliar a mala recadación do úlitmo partido contra o campión da categoría en Vigo, xa que cadrou «en metade de semana e coincidindo coa Champions League de fútbol». Nesta ocasión o Barcelona non cobrará o canon para partidos amigables dada a situación na que se encontra o Pilotes e que o adestrador blaugrana, Xavier Pascual, ex porteiro do Pilotes, entende á perfección.

O Barça só voltará a Vigo na Copa do Rei que se celebrará en abril, polo que está será unha boa oportunidade para disfrutar do seu xogo. Para velo, 10 euros as entradas de adulto e 5 as de xuvenil. Os que renoven o carnet de Siareiros Elite, os que o fagan estes días ou os socios poderán presencialo de balde.

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.