Galicia Vigo al minuto

O Camiño de Santiago pasará por San Simón

Dúas fundacións e unha cousa en común: potenciar os espazos e as tradicións en Galicia. As fundacións Illa de San Simón e Camiño de Santiago colaborarán para pór en marcha actividades relacionados coas rutas xacobeas neste espazo insular. A primeira das actividades, xa neste mes, será un simposio de pintores, que terá lugar o vindeiro 20 de agosto que terá coma leit motiv á pintura relacionada co camiño.

O vindeiro 25 de agosto, San Simón acollerá un encontro de alcaldes de municipios polos que pasan o Camiño Portugués a Santiago. E xa en setembro, a Fundación Camiño de Santiago xuntará a hospitaleiros que atenden aos peregrinos nos Albergues do Camiño Portugués dende Oporto a Santiago.

También te puede interesar