Comarcas Cultura

Gadis buscará ao seu supergaiteiro en Forcarei

A Festa do Gaiteiro de Soutelo de Montes, en Forcarei, celebra o seu 31 aniversario este sábado con dous invitados de verdadeiro luxo: o politólogo e fillo predilecto de Forcarei Xosé Luis Barreiro Rivas como pregoeiro e o presidente do Grupo Puentes y Calzadas, José Manuel Alonso, como ‘Embaixador’.

Será a primeira vez que a festa conte con embaixador, para o que se buscou unha persoa natural da terra, «de pretixio, que llegustase a Festa do Gaiteiro e o municipio e que se sentise orgulloso do que está a facer». E Alonso cumpre con todos os requisitos: medalla de Galicia en 2008, amante da súa terra e da gastronomía.

Unha festa cun amplo programa que comezará a noite do venres coa actuación de Fía na Roca. Entre os asistentes, a presenza de ‘Vagalume’, da Asociación Galega de Alcalá de Henares e da lusa Vilaverde de Vila de Prado e a singular homenaxe a ‘Maduro’, José Firvias Cachafeiro.

Ademáis, haberá o concurso Avelino Cachafeiro de gaiteiros solistas, estupendo escaparate para os novos valores; as coplas cos gaiteiros de Soutelo coa creación do cuarteto; a actuación dunha veciña de Barbarén, Manuela Cortizo, que cantará as coplas; a feira de artesanía no Parque Venezuela con 20 artesanos… E Gadisa levará un trailer da súa campaña publicitaria ‘Malo será’ para facer un casting no que elexir ao supergaiteiro da festa.

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.