Cultura Vigo al minuto

O Museo Quiñones de León, aberto de par en par á mitoloxía

museo-castrelos/Tresyuno ComunicaciónO Museo Quiñones de León organiza unha nova proposta gratuíta do programa «Domingos de Museo», centrada nesta ocasión na mitoloxía. A actividade está dirixida aos nenos e nenas e ás familias e na visita, os familiares que acompañan aos rapaces poden participar na actividade ou deixalos ao coidado do persoal educador.

No percorrido «Landriña descobre a mitoloxía«, a mascota do museo propón unha nova ruta a través dos cadros e obxectos das coleccións que permitirán descubrir os mitos e historias, así como os principais deuses e monstros xurdidos da mitoloxía occidental. Durante a visita a mascota tamén proporá varios xogos de observación relacionados coa temática de este domingo. Para rematar a visita os participantes realizarán unha actividade relacionada coa creación e orixe dos mitos.

Cada domingo, Landriña é a encargada de presentar un itinerario temático polo Museo da Cidade e o seu xardín histórico para amosar as particularidades da colección de arte. O número máximo de participantes na visita dinamizada é de 15 nenos cun máximo de dous acompañantes.

Ademais desta proposta, o Museo da Cidade tamén organiza visitas guiadas ao recinto, os domingos ás 12.30 horas. O obxectivo desta iniciativa é dar a coñecer, de xeito ameno, a historia do Pazo Quiñones de León, así como algunhas das súas curiosidades. Como complemento a esta actividade, tamén é posible subir ás torres, dende as que se goza dunha privilexiada visión dos xardíns.

Os percorridos guiados ao xacemento da Villa Romana de Toralla ata o mes de setembro, teñen lugar de martes a domingo de 12 a 20 horas. As visitas ao xacemento de O Castro, pola súa banda, son de martes a domingo de 10 a 13 horas e de 17 a 20 horas.

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.