Vigo al minuto

Comeza a colocoación dun valado de acceso aos aparcadoiros de Ifevi

Ifevi/Tresyuno ComunicaciónO tenente de alcalde e presidente do comité executivo do IFEVI, asegurou hoxe que esta tarde comezará a instalación do valado provisorio dos accesos aos aparcamentos do Instituto Feiral de Vigo. Para o edil é preciso evitar «de inmediato» que se repitan os feitos que tiveron lugar o pasado fin de semana, no que un grupo de xóvenes se concentraron cos seus vehículos nestas instalacións.

Sergundo que este aparcamento foi construído con posterioridade a estrutura orixinal do recinto feiral e no seu momento decidiuse non pechala. «Pero estes acontecementos que inclúen maniobras perigosas nos obrigan a tomar a decisión contraria«, puntualizou.
O responsable do recinto feiral avanzou que nos vindeiros días se instalarán tamén portas fixas «ao igual que existen no resto do recinto». O obxectivo destas medidas é garantir a seguridade dos usuarios e usuarias do IFEVI e evitar que se produzan incidentes como os acontecidos nos pasados días.

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.