Vigo al minuto

A parte municipal da ETEA, sen horarios

ETEA/Tresyuno ComunicaciónSe queres pasear pola ETEA á luz da lua, xa o podes facer. A lo menos iso é o que dixo hoxe o alcalde, «temos a vontade absoluta de que permaneza aberta para uso e disfrute dos cidadáns de forma interrumpida”. A Policía Municipal encárgase da vixianza do espazo público pero matizou que «do espazo autonómico» terá que encargarse a Xunta. Aínda así amosou a disposición de colaborar no caso de que teñan «dificultades«. Neste senso asegurou que recibiu hoxe a carta do Conselleiro de Educación no que o insta a manter unha xun tanza para chegar a un acordo sobre os horarios de acceso ao público á antigua Escola da Armada.

Con todo, esto representa un problema e hai preguntas que non están contestadas. A primera é qué pasaría se houbese algún acto de vandalismo nos edificios propiedade da Xunta? Interviría a Policía Local? Non o faría porque non é da súa competencia? E outra, qué dotación do 092 se asignaría á ETEA? A pregunta ten que ver especialmente coa falla de efectivos nestes meses de verán nos que, coma poido contrastar vigoalminuto, as patrullas de vixiancia de servizo son menos da metade das normales.

Segundo avanzou o alcalde no encontro que manterá co conselleiro de Educación tocaránse tamén temas relacionados co colexio Alatmar, «a obriga de facer o centro na parcela que nos lle dicimos«, da reforma dos comedores escolares e da Facultade de Medicina.

Carta á conselleira de Sanidade
Sobre este último aspecto, Abel Caballero manifestou que lle enviou unha carta á conselleira de Sanidade na que se demanda a habilitación de espazo en hospitais de Vigo para que se poida impartir a docencia de clases teóricas de segundo ciclo da Facultade de Medicina, tema xa resolto nos hospitais da Coruña. «Debe ser a Consellería de Sanidade a que habilite estos espazos para impartir a docencia», salientou.

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.