Destacados Vigo al minuto

A feira de Bouzas non voltará á Alameda de Suárez-Llanos

Alameda Bouzas/Tresyuno ComunicaciónO alcalde explicou hoxe luns que a feira de Bouzas manteráse no seu emprazamento actual, tal e como demandan os veciños. Así llo confirmou aos representantes da Asociación de Veciños de Bouzas e da Asociación de Comerciantes. “A Alameda Suárez Llanos ten agora o destino que lle corresponde, o uso cidadán”.

Na reunión que mantivo con eles na Alcaldía, abordaron tamén a situación da parcela na que o Sergas ten previsto emprazar un centro de saúde. Ao respecto Caballero insistiu en que o proxecto “está en mans da Xunta“, dado que a parcela xa esta doada. “Agora é a Xunta a que ten que realizar o proxecto, dar o visto e prace, licitar e construir e queremos que se faga a maior brevedade posible”, dixo.

Outro dos aspectos tratados no encontro cos veciños e comerciantes foron os aparcamentos proxecto que, segundo explicou o alcalde “mantemos e comprometemos“. No caso dun dos aparcamentos previstos os técnicos están a estudiar a fórmula xurídica que permita levar adiante o aparcamento “salvando o problema das árbores” e sen necesidade de cambiar o Plan, indicou o alcalde.

Tamén avanzou que existe unha urbanización que ten unha cesión de 48 prazas para dominio público municipal que serán postas a disposición dos veciños de Bouzas.

También te puede interesar