_agenda Agenda

Algunhas apertas quedan incompletas

Punto e final ao ciclo de ‘Cine dos mundos’ con películas de distintas nacionalidades en versión orixinal e subtituladas en galego das que disfrutar a partir das 23 horas detrás do Marco, na rúa Londres.

Como despedida, unha producción a catro bandas (Arxentina, Francia, Italia e España) realizada en 2004 e dirixida por Daniel Burman: ‘El abrazo partido’. Cen minutos nos que o protagonista, un adolescente tardío que vive na Arxentina de hoxe nun ambiente de confusión e decadencia, ve como todo ao seu redor transfórmase noutra cousa, nunha desesperada busca pola supervivencia. Un camiño de construcción dunha identidade, feito con pequenas anécdotas, ás veces tráxicas, ás veces cómicas, con verdades e con mentiras.

También te puede interesar