_agenda Agenda

Reencuentro máis alá das fronteiras

Será ‘El domingo, si Dios quiere’. Esta noite (23 horas) o ciclo ‘Cine dos mundos’ traerá á rúa Londres un novo filme en versión orixinal subtitulado en galego de carácter cultural e reflexivo. Premio á mellor película en Toronto, na mostra de Cine de Valencia, no Festival Internacional de Bourdeaux e en Amiens, mellor actriz e mellor dirección, o filme é unha coproducción franco-arxelina rodada por Yamina Benguigui en 2001.

E nela nárrase unha conmovedora historia de postguerra tras a Segunda Guerra Mundial, momento no que Francia necesitaba moita man de obra masculina. E para conseguila adoptou como cidadáns a miles de alxerianos que tiñan que abandonar as súas familias, xa que a normativa non contemplaba nin a mulleres nin a fillos. Tivo que esperarse ata 1974 para que os familiares puideran seguir a traxectoria do proxenitor e optar á reagrupación familiar. Na película, o protagonista volve a atoparse cos seus tras 10 anos de exilio laboral.

También te puede interesar