Destacados

O Tribunal Superior de Galicia admite a trámite o recurso contra o decreto do pluringüismo

mesaLinguaO Tribunal Superior de Xustiza de Galicia ven de admitir a trámite o recurso presentado pola Mesa para a Normalización Lingüística contra o decreto que regula o uso do galego no ensino, o coñecido coma ‘decreto do plurilingüismo’. Nunha nota, A Mesa informa desta circunstancia e indica que agarda que o TSXG decida sobre a suspensión da aplicación do mesmo de xeito cautelar.

A Mesa advirte que é necesaria unha decisión rápida do alto tribunal xa que se houbese que agardar un ou dous anos por unha sentenza e non se aproban medidas cautelares de suspensión da aplicación do decreto, o dano á formación dos rapaces podería ser irreversible. Sexa como fose, a organización mantén os actos de protesta que xa ten programados e lembra que o decreto vai en contra dos tratados internacionalis e lexislación europea na materia, tal e coma pon de manifesto un informe encargado pola devandita asociación que indica que a aplicación desta norma pode causar un daño irreparable no alumnado.

También te puede interesar