_agenda Agenda

O de Silvia é un agasallo un tanto peculiar

O ciclo ‘Cine dos mundos’ trae hoxe (23 horas) á rúa Londres unha controvertida película española rodada en 2002 baixo as ordes de Dionisio Pérez, ‘El regalo de Silvia’. Silvia é unha adolescente que acaba de tomar a decisión máis importante de toda a súa vida: suicidarse. Antes de levalo a cabo, deixa constancia nun diario grabado en video que desexa doar os seus órganos. E son tres as persoas anónimas que reciben algunha parte do seu corpo. Para eles a fin da vida de Silvia significa un novo futuro, unha nova oportunidade.

También te puede interesar