_agenda Agenda

O cine do mundo achéganos a China

Gañadora dun Oso de ouro no Festival Internacional de Cine de Berlín, ‘La boda de Tuya’ chega esta noite (23 horas) á rúa Londres, onde se proxectan os filmes de ‘Cines do mundo’, con filmes en versión orixinal subtitulados en galego. Feita en 2006 por Wang Quan’an, a historia narra a vida de Tuya, guapa, forte, que cuida dos seus animais nunha rexión desértica da Mongolia interior.

Ten dous fillos e un home ao que ama profundamente, inválido tras un accidente cavando un pozo. Tuya ten todos os deberes a costas. Un día ten un accidente e o médico dille que se segue traballando duro empeorará. O home proponlle que se divorcien para que ela atope a outro hombe que poida coidala. Ela acepta se a persona que coida dela e dos fillos faino tamén do seu ex marido.

También te puede interesar