RGPD - Cookies
Cultura

Manquiña e Zahera deixarán caer por Vigo a súa retranca…volume II e en setembro

2010-08-03-Noites de retranca_luis zaheraNoite de retranca – Volume II’ chega a Vigo e Pontevedra o próximo mes de setembro no marco da programación cultural que está organizando Caixanova para o último cuadrimestre do ano. O espectáculo cómico, protagonizado nesta ocasión por Manuel Manquiña e Luís Zahera, poderá disfrutarse na cidade olívica, no Centro Cultural Caixanova, o día 18 de setembro, ás 22.00 horas. Ao día seguinte, 19 de setembro, á mesma hora, trasladarase á cidade do Lérez, onde terá como escenario as táboas do Centro Social Caixanova.

Manuel Manquiña é o nome artístico de Manuel Prieto Comesaña, un vigués colleita do 53 que comezou a súa carreira en programas humorísticos da Televisión de Galicia e en varias películas dirixidas por directores galegos como Antonio Blanco ou Xavier Villaverde. Saltou á fama polo seu papel na película de Juanma Bajo Ulloa ‘Airbag’ (1997), que lle valeu unha nominación aos premios Goya como mellor actor revelación. Posteriormente, formou parte do elenco de “Torrente, el brazo tonto de la ley’, un auténtico éxito de taquilla. Ademais, protagonizou monólogos de humor e participou en varias xiras de Siniestro Total e no programa infantil da TVG Xabarín Club.

Luis Zahera (Santiago de Compostela, 1966) saltou á fama en Galicia polo seu papel de Petróleo na exitosa serie da TVG, ‘Mareas Vivas’. Aínda que a súa carreira desenvolveuse principalmente en Galicia, nos últimos anos deu o salto á ficción estatal, con pequenas colaboracións en series como ‘Hospital Central’ ou ‘El comisario’. Máis recentemente participou en ‘Motivos Personales’ e conseguiu un papel fixo en ‘A tortas con la vida’, serie dos creadores de ‘Aquí no hay quien viva’. No cine destacan traballos como ‘O lapis do carpinteiro’, baseada na novela de Manuel Rivas, ‘El año de la garrapata’, ‘Alatriste’, ‘Celda 211’ ou ‘Spanish movie’.

Venda de entradas: en www.caixanova.es e na billeteira telefónica 902 504 500.

También te puede interesar