_agenda Agenda

Os cines do mundo danse cita na rúa Londres

Se aínda non sabes onde está, dámosche unha pista: ten un importante Museo de Arte Contemporáneo diante. É alí onde poderás disfrutar desde hoxe e ata o vindeiro 8 de agosto de ‘Cines do mundo’ (23 horas), unha serie de proxeccións en versión orixinal e subtituladas ao galego pensado para dar a coñecer o resto das culturas do mundo.

Os subtítulos son grazas ao traballo dos alumnos de quinto curso de Traducción e Interpretación da Universidade de Vigo baixo a dirección das doutoras Ana Pereira e Lourdes Lorenzo, especialistas en tradución audiovisual e para a que tiveron en conta tamén á comunidade sorda.

O ciclo arranca co ‘Aleksandra’, un filme ruso-francés realizado en 2007 por Alexander Sokurov ambientado na Chechenia contemporánea que narra a viaxe dunha avoa para visitar ao seu neto, un oficial ruso dos mellor considerados. Alí descobre un novo mundo, un mundo de homes onde todo se debate entre a vida e a morte. Sen sentimentos, sen emocións, a pesares de que se trata dunha comunidade na que viven persoas.

También te puede interesar