Cultura Vigo al minuto

Vigo Urban dalle cancha aos grupos vigueses

MrCaracterO concelleiro de Cultura e Animación Sociocultural presentou hoxe o programa Vigo Urban que ten coma obxectivo crear unha plataforma para que os grupos vigueses teñan onde facer a súa música. Este programa comezará mañá coa noite Funk e as actuacións de Mr Caracter (22:30 horas) e de Phantom Club (00:00 horas).

Na presentación do programa, que se desenvolverá dende mañá día 3 ata o domingo 8 na Praza da Estrela, tamén participou o responsable da programación musical Xulio Gómez, da empresa SinSal quen explicou que os grupos agradecen esta oportunidade única de tocar la rúa e nun escenario cun bo equipo e «por iso intentamos non repetir grupos de ano a ano, para dar máis oportunidades». Gómez lembrou que o programa está dividido por estilos e cada noite está dedicada a un en concreto e, de forma especial, destacou a noite do venres 6 de agosto que estará dedicada á música dos anos sesenta con grupos vigueses e algún de fóra.
O máximo responsable do departamento de Cultura lembrou, por outra banda, que a Semana Grande comeza hoxe mesmo e fixo un repaso por todos os programas que se poñen en marcha para cubrir un amplo abano de públicos (Castro Cativo, Cine, Vigo Folk, Vigo Urban, ou a actividades da Praza da Constitución).

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.