Cultura Vigo al minuto

Malamadre, preso da emoción, ao tomar posesión coma embaixador

Luis Tosar, hoxe en Vigo/Tresyuno ComunicaciónNon se parece a  Malamadre, ainda que ese debe ser o conto: non semellar que un é o que representa na pantalla. Tampouco semella un diplomático, «non me vexo dando as festas do cónsul en Nova Iorque e tampouco son moi diplomático», pero sí pega co Casco Vello de Vigo «onde estiven tocando con The Ellas» o grupo que lidera e ao que vaise adicar este ano «no que collerei vacacións do cine», e con ‘O Chavolas’, o bareto no que acababa o equipo dos Luns ao sol, cando rodaron en Vigo.

Con este vagaxe, e tres Goyas, e unha película en Hollywood, e unha humanidade Lugo qaue lle fixo lembrar as súas orixes en varias ocasióons, Luis Tosar foi investido hoxe emmbaixador do Casco Vello de Vigo en todo o mundo, un cargo plenipotenciario que non leva con el retribución nen máis inmunidade que a que teñen os artistas que saben selo.

O lucense amosouse agradecido, e máis cheo de orgullo e satisfacción, que preso da emoción ao recibir a placa «a banda non procedía» que o acredita coma representante das pedras da zona histórica no globo terráqueo, un nomeamento que aceptou «en media hora» e «mais co corazón que coa cabeza», como fan os artistas e os lucenses…coño, estas palabras non son sinónimos?

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.