Deportes

A Cofradía de Pescadores de Portonovo, faise coa Copa Galega de Kayak de Mar por diante de Piragüismo de Cambados e o Clube Kayak de Vigo

Kayak de Mar Copa GalegaA Copa Galega Kaiak de Mar rematou sen sorpresas na clasificación final, xa que o gañador foi o clube Cofradía de Pescadores de Portonovo (250 puntos), que liderou case desde a primeira regata o ranking, completando unha moi boa tempada. A prata foi para o Piragüismo Cambados (242 puntos) e o bronce para o Club Kayak de Vigo (234 puntos). En cuarta posición quedou o Piragüismo Viveiro, que logrou dar un subidón de puntos logo da última regata, celebrada este domingo nesta localidade mariñana, por enriba do Kayak de Mar-Muros Noia, que acadaba un meritorio quinto posto.

VI Regata do Circuito Galego de Kaiak de Mar (Viveiro)
Poucas sorpresas houbo na 
última proba da Copa Galega de Kaiak de Mar, que tivo lugar este domingo,1 de agosto, en Viveiro, Lugo, e á que o Clube Cofradía de Pescadores de Portonovo xa non acudiu. En ausencia do líder, foi o Piragüismo Cambados, quen se fixo coa máxima puntuación da proba, 180 puntos, seguíndolle de preto o clube local, Piragüismo Viveiro (155 puntos), e o Kayak Vigo (147 puntos).

A nivel individual, as vitorias, na modalidade sprinter foron para: J. Ramón Gondar en K-1 cadete home (Cambados); Laura Lesme en K-1 muller cadete (Cambados); David Ferreirós en K-1 júnior home (Muros-Noia); Manuel Carreja en K-1 sénior home (Viveiro); Alberto Pigueiras&Marcos Illanes en K-2 sénior home (Viveiro); Paula Pérez en K-1 muller sénior (Cambados); Jésús Fernández en K-1 veterano home (Viveiro);

No que respecta á categoría tradicional, os ouros foron para: Juan Gago en K-1 sénior home (Kayak Vigo) e José A. Gayoso en K-1 veterano home (Fluvial Lugo).Esta competición recibiu o sobrenome de Memorial Juan Anido, xa que serviu de particular homenaxe por parte do clube organizador, o CP Viveiro, para lembrar a este padexeiro, Juan Anido, que formaba parte do clube cando faleceu, en 2006, mentres facía unha ruta de kaiak.

 

También te puede interesar