RGPD - Cookies
_agenda Agenda

Con esta calor, benvida sería a idade de xeo!

O programa de ‘Cinema na rúa’ comeza esta noite en Tui o seu ciclo de proxección de tres películas de animación para todos os públicos. E pola fresca: ás 22:30 horas na Praza de San Fernando poderá verse ‘Ice Age 3: a orixe dos dinosaurios’, un filme de animación de 94 minutos co característico humor dos seus protagonistas Diego e Scrat, que nesta ocasión terán que enfrontarse aos dinosaurios nun misterioso mundo soterrado.

As seguintes citas co ‘Cinema na rúa’ serán os vindeiros venres con ‘Lluvia de albóndigas’ e ‘Planet 51’.

También te puede interesar