Destacados Vigo al minuto

Mato aproba o primeiro recorte da Universidade

Os 56 membros do novo Consello de Goberno da Universidade de Vigo estreáronse hoxe á fronte do Consello de Goberno con dúas sesións nas que, ademais de constituir o órgano de goberno, procedeuse á aprobación da reorganización de cargos académicos que se traducirán “nunha reformulación na que se actualizan as denominacións froito dos cambios derivados da reorganización de competencias, así como nunha redución no seu número e no inicio dun proceso de profesionalización”. O número de áreas pasará de 29 a 23, a pesares da creación dalgunha nova como é o caso de Emprego, mentres que no caso dos comisionados o reitor confirmou a incorporación de dúas novas figuras como son o de Coordinación Interna, cargo que será ocupado por Ana Graña e o de Novos Proxectos.

Aínda que a proposta contou finalmente co respaldo do Consello de Goberno, desde as filas de Nova Universidade, así como por parte dos representantes do PDI, PAS e estudantes, puxéronse de manifesto dúbidas en torno ao futuro de servizos como o de Publicacións, así como críticas por un modelo que segundo afirmou Jaime Cabeza “engorda o equipo de goberno ao incluír un número maior de comisionados, aínda que se reducise o de vicerreitorías”.

También te puede interesar