Comarcas

A Xunta négase a desafectar 8 vivendas de mestres no centro de Ponteareas

O BNG de Ponteareas vén de denunciar que a Consellería de Educación voltou denegar a desafectación das 8 vivendas de mestres do Centro Nosa Señora dos Remedios, situadas no centro de Ponteareas. Con acceso independente dende a rúa dos Mestres, as vivendas ocupan 1.2000 metros cadrados sen uso educativo e que nestes intres son propiedade do Concello.

Os nacionalistas piden que estas edificacións se poidan utilizar agora como equipamentos sociais ou culturais “nun concello que carece de locais e solares”.

También te puede interesar