_agenda Agenda

En Saiáns todos serán amigos

Hoxe, se queres ir a Saiáns, terás que levarte ben con todo o mundo. O Parque Forestal acolle a XXY Festa da Amizade se Saiáns, que cumpre o seu cuarto de século con moito que ofrecer a todos os vigueses. A troula arranca ás 12:30 horas co concerto da Banda Lira de San Miguel de Oia para a partir das 13:30 horas participar na gran sardiñada con pan de millo e mexillóns ao vapor cos que encher o estómago antes de continuar cunha tarde ateigada de actividades

Para os maiores, a partir das 16 horas poden medir a súa destreza xogando ao tute, á petanca ou á chave; para os cativos, a actuación do grupo de animación infantil Roi o Cagabolos. Xa ás 18 horas será a quenda da música coa actuación da Agrupación Folclórica Os Chaneiros de Marín.

Ás 18:30 horas terá lugar a entrega de trofeos e a entrega de distincións varias, como a ‘Avelino Abril’. Para rematar a xornada, actuación do grupo de folk Na Revolta de A Guarda a partir das 19:30 horas.

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.