Galicia

A Mesa pola Normalización troca os carteis turísticos de Santiago, escritos en castelán por outros idénticos en galego e inglés

Mesa pola NormalizaciónAínda que os carteis turísticos de Santiago están financiados pola Xunta están escritos en castelán, algo que para a Mesa para a Normalización Lingüística quixo remendar hoxe trocando de xeito simbólico os mesmos por outros escritos en galego e inglés.

O presidente da mesma, xunto con varios miembros da asociación, puxeron unha réplica idéntica á da carlerería oficial coma xeito de denunciar a exclusión do idioma do país, algo que sinalaron é intolerable e máis se se ten en conta que os sinais foron pagados con cartos do goberno galego. “Só lles faltaba poñer Praza do Taller en lugar de Praza do Obradoiro”, indicou Carlos Callón quen quixo deixar craro que A Mesa non defende que todos os sinais sexan en galego, se non que é posible que se lea, ademáis de en castelán, en inglés e, por suposto, en galego coma xeito de protexer e coidar o idioma.

También te puede interesar