Galicia Vigo al minuto

Os voluntarios colonizan as Illas Atlánticas

Preto de 300 mozos participan no campo de traballo das Illas Cíes e no campamento xuvenil de Ons, organizados dentro da Campaña de Verán de Xuventude, aínda que con mentalidades moi distintas. En Ons as actividades céntranse na natureza e 60 rapaces de entre 12 e 15 anos en tres quendas farán sendeirismo guiado, orientación, bicicleta de montaña ou participarán nunha aula de natureza marítima e astronomía.

Mentres, en Cíes en dous turnos de 50 persoas de entre 18 e 30 anos de todos os puntos de España, Rusia, Eslovaquia, Grecia, Uruguai, Brasil, Cuba e Venezuela desempeñan tarefas medioambientais, como labores de mantemento da illa, vixilancia de incendios, labores de información e sensibilización do visitante e intervencións puntuais de mellora no parque natural.

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.