Destacados Vigo al minuto

O Diario Oficial de Galica publica a aprobación da expropiación dos terreos do novo hospital

Novo hospital/COAGO Diario Oficial de Galicia (DOGA) publica hoxe a aprobación definitiva do expediente expropiatorio do novo hospital de Vigo. Segundo detalla a resolución, a adquisición dos terreos a realíza a Consellería de Sanidade, sendo o Servizo Galego de Saúde o beneficiario da expropiación.
A taxación dos mesmos xa foi notificada individualmente aos que aparecían como titulares de bens e dereitos no expediente
, “dándolles traslado literal da resolución e da correspondente folla de taxación“ que tiveron un mes para realizar as correspondientes alegacións.

O DOGA, detalla que o Servizo Galego de Saúde emitiu informe individualizado sobre cada unha das alegacións presentadas polos interesados e notificouse esta resolución de aprobación definitiva propietarios coa correspondente folla de taxación, e “conferíndolles un prazo de vinte días, contados a partir do día seguinte ao da recepción da notificación desta resolución” para que poidesen manifestar a súa desconformidade coa valoración establecida no expediente aprobado.

Deste xeito, e unha vez rematado o devandito prazo será posible a licitación do proxecto e, conjuntamente, acordó co manifestado pola conselleira de Sanidade e polo presidente Feijóo, da das obras que, de seguirse os prazos sinalados empezarían antes de finais deste ano.

También te puede interesar