RGPD - Cookies
_agenda Agenda

En Saiáns todos serán amigos

Este sábado, se queres ir a Saiáns terás que levarte ben con todo o mundo. O Parque Forestal acolle a XXY Festa da Amizade se Saiáns, que cumpre o seu cuarto de século con moito que ofrecer a todos os vigueses. A troula arranca ás 12:30 horas co concerto da Banda Lira de San Miguel de Oia para a partir das 13:30 horas participar na gran sardiñada con pan de millo e mexillóns ao vapor cos que encher o estómago antes de continuar cunha tarde ateigada de actividades

Para os maiores, a partir das 16 horas poden medir a súa destreza xogando ao tute, á petanca ou á chave; para os cativos, a actuación do grupo de animación infantil Roi o Cagabolos. Xa ás 18 horas será a quenda da música coa actuación da Agrupación Folclórica Os Chaneiros de Marín.

Ás 18:30 horas terá lugar a entrega de trofeos e a entrega de distincións varias, como a ‘Avelino Abril’. Para rematar a xornada, actuación do grupo de folk Na Revolta de A Guarda a partir das 19:30 horas.

También te puede interesar