Cultura Vigo al día

Empezan os campamentos de verán no Vigozoo

vigozooHoxe inaugurase o primeiro campamento de verán en Vigozoo no que os rapaces disfrutarán dun completo abano de actividades preparadas para os dous días que dura a actividade. Desde visitas guiadas diurnas e nocturnas ata xogos dirixidos, sendeirismo, obradoiros, xogos de animación, etc, no marco de excepción do zoo vigués.

Este é o primeiro dos cinco previstos inicialmente para os meses de xullo e agosto aínda que pode haber máis datas no caso de que existan máis solicitudes. O horario do inicio será as 10 da mañá e rematará as 19:30 do vindeiro xoves.

Tamén permanece activo o servizo de ludoteca no que os rapaces participan nun gran número de opcións lúdicas e educativas.

También te puede interesar